PROXECTO CASTROS

RECOPILACIÓN DE ENLACES RELACIONADOS COS CASTROS:



QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER?: 



TAREFA: 
REALIZACIÓN DUNHA MAQUETA DUN CASTRO E EXPOSICIÓN ÁS FAMILIAS DAS INVESTIGACIÓNS.




A NOSA MAQUETA EN CONSTRUCIÓN: 


Nos castros de 4ºC xa hai animais e o chan é de terra. Grazas a Humberto que a foi buscar ao invernadoiro! Mirade que chulas as ovellas, os cabalos, os porquiños... 




VISITAMOS VIRTUALMENTE OS CASTROS GRAZAS AO MUSEO DA CULTURA CASTREXA. Pica na imaxe para ir a el.


Gustounos moito a visita virtual aos museos castrexos e aos propios castros, isto de ver as cousas en 3D é alucinante!

Todos estes días estamos traballando en GRUPOS COOPERATIVOS E COLABORATIVOS, cada día temos un representante de grupo que é o portavoz e non se pode levantar a man de que a tarefa está acabada se non hai un consenso (máis ou menos, porque isto de chegar a acordos cústanos un pouquiño!)


E agora que imos falar de CERÁMICA E DECORACIÓN, vai un chiste? 





Algúns nenos trouxeron da casa trigo e millo para gardar nas vasixas. Así de chulas quedaron. Fixádevos nos detalles da decoración, ao modo castrexo: con liñas verticais, hrizontais, oblicuas, triángulos... todo un mundo de xeometría!


Tamén fixemos os muiños manuais con pedras en forma de cilindro ou esfera.


Aquí estamos decorando o mural do noso forno e as nosas vasixas. 





Aprendimos que non todas as vasixas eran para gardar os produtos da agricultura, tamén as había de tipo funerario así que alí as colocamos, na nosa particular CROA do castro.


E xa que temos as materia prima: o trigo e o millo, aproveitamos para aprender o proceso de elaboración artesanal do pan coa cantiga PAN DE MILLO do grupo migallas e para plantalo no antecastro (lugar adicado ás terras de cultivo)



O PROCESO DE FABRICACIÓN DA LÁ: OS TEARES.
Para saber como ían vestidos os castrexos e como é o proceso de fabricación dos seus traxes imos ver o seguinte vídeo e facer un mural dun tear vertical.



E aquí están os nosos particulares castrexos vestidos coa roupa que se facía, de liño ou la.




Nun mural pintamos e interpretamos o noso propio tear vertical. Recordamos que os pesos que aguantaban dos fíos para traballar mellor con eles e que se atoparon nas excavacións dos castros chámanse fusaiolas.



Os Bolechas ensináronnos algo máis sobre ORFEBRERÍA e METALURXIA.


Con goma eva dorada fixemos as diademas, arracadas, colares, fíbulas para prender a roupa....




E co papel dorado e prata as armas e outros utensilios de cobre, bronce e ferro que facían os castrexos metalúrxicos: Puñais de antenas, lanzas, machadas, pesos, anzois...  Entre estes artiluxios atoparedes unha réplica do "Casco de Leiro".




En todo o castro puxemos etiquetas identificativas:




Tamén fixemos as portadas para as fichas do proxecto e os avisos para a posta en escea final: COMA SE FÓSEMOS VERDADEIROS GUÍAS OS PAIS E MAMIS VIÑERON A ESCOITAR O QUE APRENDIMOS!





Aquí estamos moi orgullosos coa PRESENTACIÓN DO TRABALLO:





E aquí as FICHAS que fixemos para repasar e afianzar algúns contidos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario